A serie galega Vidago Palace chega a HBO España

venres, 31 de xullo do 2020 S. P.

A serie galego-lusa Vidago Palace, drama romántico de seis capítulos producido pola galega Portocabo e a portuguesa Hop Filmes, estréase este sábado 1 de agosto na plataforma de audiovisual online HBO España. Protagonizada por Micaela Lupu, Pedro Barroso e David Seijo, foi a primeira coprodución galego-portuguesa para Televisión de Galicia e RTP, e, agora adquirida por HBO. Desde o 31 de maio está dispoñíbel en HBO Portugal, onde, segundo informan as produtoras, estrouse con grande éxito de público.
Vidago Palace é a segunda serie da firma galega Portocabo que podemos ver en HBO España e Portugal, logo da estrea en abril nesta mesma plataforma de Auga Seca, un drama policial co-producido tamén entre España e Portugal, esta vez coa produtora lusa SP-i. A compañía que dirixe Alfonso Blanco atópase agora en plena rodaxe da segunda temporada de Hierro (na plataforma de streaming Movistar+) e en agosto comezará a rodar a súa primeira película de ficción, a comedia Cuñados.

PUBLICIDADE