A tableta-gamepad JXD S192 funcionará con nVIDIA Tegra K1
luns, 25 de abril do 2016
Nos
últimos anos o fabricante hongkonés JXD é coñecido polos seus dispositivos
hÃbridos entre tablebetas e gamepads, que facilitan o xogo en mobilidade e, moi
especialmente, o uso de emuladores para gozar de sistemas retro en calquera momento e lugar, pero o seu último produto vén de
dar un salto en potencia e posibilidades impresionante, xa que a tableta JXD S192 está baseada na
tecnoloxÃa nVIDIA Tegra K1 (cunha gráfica nVIDIA Kepler con 192 núcleos nVIDIA
CUDA).
A JXD S192 funcionará con 2 GB de RAM, de xeito que non terá problema para
mover numerosos emuladores de sistemas retro, asà como algúns esixentes xogos
para Android, que lucirán espectaculares na súa pantalla IPS de 7 polgadas
cunha impresión de 1.920 x 1.200 pÃxeles, escoitándose tamén de luxo a través
dos seus altofalentes (ou mediante auriculares ordinarios ou Bluetooth 4.0).
Para o control dos xogos ten aos lados da pantalla tanto a tradicional cruceta
dixital como un par de sticks
analóxicos e 16 botóns configurables, de xeito que pode adaptarse para a
meirande parte de xogos para un control preciso. Cómpre lembrar que a
tecnoloxÃa de nVIDIA tamén permite achegar xogos de PC a este trebello
portátil, como
se fai coa tableta nVIDIA SHIELD K1 (cunhas prestacións semellantes, pero
sen a forma de gamepad).
Dado que estamos nun equipo que tamén pode funcionar como unha tableta con
Android, non lle falta unha cámara frontal de 5 MpÃxeles capaz de gravar vÃdeo
Full HD. Outra funcionalidade da que presume este dispositivo é da súa baterÃa
de 10.000 mAh, que permitirÃalle xogar até 6 horas seguidas ou reproducir até
11 horas vÃdeo en streaming.
Este impresionante produto está a piques de entrar en produción, e o seu prezo
de venda será de 269 dólares (239 euros).
Vello vÃdeo promocional da JXD S192 (algunhas especificacións modificáronse nos últimos meses)