A tableta nVIDIA SHIELD K1 chega ao mercado a só 199,99 euros

mércores, 18 de novembro do 2015 Marcus Fernández

Tras intentar popularizar unha curiosa consola de videoxogos baseada en Android e construída sobre un gamepad tradicional, nVIDIA decidiu reformular o seu Project SHIELD e transformouno nunha tableta de 8 polgadas que destacaba pola súa grande potencial gráfica e que está a renovarse de xeito que agora responde a nome de nVIDIA SHIELD Tablet K1 e que mellora a autonomía con respecto ao modelo anterior e ofrécese ao atractivo prezo de 199,99 euros (recomendándose a adquisición dun mando SHIELD que custa 59,99 euros para poder gozar dunha mellor experiencia de xogo).
Estamos ante unha consola cunha pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, un potente procesador ARM A15 a 2,2 GHz con 2 GB de RAM potenciado pola impresionante gráfica nVIDIA Tegra K1 de 192 núcleos, con 16 GB de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámaras de 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, saída mini-HDMI, un grosor de 9,2 milímetros e un peso de 356 gramos, que funciona con Android Lollipop e, aparte de Google Play, tamén conta con software de nVIDIA, de xeito que non só estamos ante unha tableta que corre xogos para Android, senón que tamén é compatible co servizo GeForce NOW, que por 9,99 euros/mes permite xogar en streaming (de até Full HD a 60 cadros por segundo) a máis de 50 xogos de éxito, dos que algúns títulos están incluídos na subscrición (como Killer is Dead – Nightmare Edition, GRID Autosport, DIRT 3, Batman: Arkham Origins, Ultra Street Fighter IV ou LEGO Batman 2) mentres que outros xogos recentes precisarán da súa compra (como The Witcher 3, Mad Max ou LEGO Jurassic World).

Vídeo promocional de GeForce NOW

PUBLICIDADE