A terceira parte de Parasite Eve terá edición especial en Europa

mércores, 2 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Na primavera chegará ás tendas españolas o xogo The 3rd Birthday, a terceira parte dunha saga (Parasite Eve) que naceu na primeira PlayStation e que agora chega á PSP, prometendo levar ao máximo a potencia da portátil de Sony. Pese a que este tipo de xogos tende a ser mellor recibido no Xapón, dende Square Enix non queren pór cancelas a este novo título e incluso chegará a Europa na súa Edición Twisted, que inclúe o xogo nunha caixa vermella, unha copia do CTI Confidential, un libro de tapa dura e 48 páxinas con ilustracións secretas e imaxes conceptuais; dúas ilustracións impresas de Aya Brea (a protagonista do xogo) e un traxe de Aya Brea para Lightning no xogo Dissidia 012 Final Fantasy (mentres que no presente xogo é posible facerse co traxe de Lightning para Aya).
O xogo combina os disparos en terceira persoa cun grande desenvolvemento dos personaxes, a personalización das armas e misións cheas de misterio e suspense nunha illa de Manhatta ocupada por unhas malvadas criaturas coñecidas coma Twisted, as que Aya Brea deberá facer fronte.


Trailer do xogo para PSP

PUBLICIDADE