A triloxía de Splinter Cell adáptase á alta definición

venres, 8 de abril do 2011 Marcus Fernández

Continuando coa moda de xogos de consolas de anteriores xeracións adaptados á alta definición confirman o lanzamento de Splinter Cell Trilogy, un paquete cos xogos Spinter Cell, Splinter Cell: Pandora Tomorrow e Splinter Cell: Chaos Theory, que poderán mercase tanto en formato físico como a través de descarga na PlayStation Network.
Cómpre destacar que en vez de partir das versión de PlayStation 2, partiuse das versións para PC dos xogos, por seren máis completas, e nesta nova entrega incorporan gráficos en alta definición, trofeos e compatibilidade coa tecnoloxía 3D.
Polo momento non confirmaron se o xogo sería exclusivo para PlayStation 3 (pois hai rumores de que tamén podería saír para Xbox 360) nin se detallaron as condicións do seu lanzamento, pero o que si está claro é que vai converterse en todo un imprescindible para os amantes dos xogos de infiltración.

Nos xogos da saga de Splinter Cell o sixilo é chave para rematar cos inimigos

PUBLICIDADE