A última versión de Mac OS X recibe duras críticas

martes, 27 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O lanzamento de novas versións de sistemas operativos nunca están exentas de polémica, pero non só Windows Vista está a recibir críticas moi duras, senón que a última versión do Mac OS X, tamén coñecida coma Leopard, podería ser a primeira renovación do sistema operativo de Cupertino que tras unha primeira acollida moi animada e grande éxito de vendas se atope con milleiros de usuarios satisfeitos.
O abraiante das últimas críticas sobre o Leopard está en que son auténticos fanáticos de Apple os que están a comentar que se ven forzados a gardar o estado dos seus documentos cada pouco tempo ante os frecuentes fallos do sistema, que as aplicacións de correo electrónico e axenda fallan especialmente, e que o uso de programas con alto consumo de memoria aínda é peor, chegando a opinar que a compañía de Steve Jobs está a centrarse en exceso non reprodutores multimedia e está abandonando os seus sistemas informáticos.
Todo parece indicar que a meirande parte dos problemas aparecen en sistemas que instalasen Leopard actualizando o sistema operativo dende versións anteriores, pero o que parece indiscutible é que ningunha plataforma está libre de usuarios descontentos.

PUBLICIDADE