A versión de proba do Navy Moves suma 50.000 usuarios e supera o millón de partidas

xoves, 14 de maio do 2009 Marcus Fernández

A finais dos anos 80 nos ordenadores persoais arrasaba Dinamic e os seus xogos, sendo un dos máis representativos o Navy Moves (que viña a tomar o relevo do aínda máis popular Army Moves), e agora FX Interactive está a traballar nun remake para PC, que xa vai na versión 3.2 (que inclúe melloras como unha tenda de armas onde os xogadores poden mercar obxectos para mellorar as súas habilidades de combate) e que acumula xa 50.000 betatesters e un millón de partidas xogadas, polo que a compañía lanza Muerte en el océano, un episodio inspirado na primeira fase do título orixinal que agora cumpre 20 anos.
A versión de proba deste xogo está a explorar distintas fórmulas para rendibilizar o seu desenvolvemento, de xeito que as primeiras partidas a unhas fases inspiradas no vello Army Moves aparecerán patrocinadas por publicidade de xogos de FX Interactiva (veremos un anuncio por cada vida perdida), mentres que para continuar a xogar será preciso facer micro-pagamentos, o que lembra aos tempos dos salóns recreativos, nos que había que meter moedas para seguir xogando. Estará por ver se esta fórmula chega a imporse, ou se pola contra a adquisición do xogo coma un produto completo permanece inmutable.

PUBLICIDADE