A versión para PC de Assassin’s Creed Syndicate adíase un mes

mércores, 26 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Ubisoft confirma que o 23 de outubro teremos o xogo Assassin’s Creed Syndicate para PlayStation 4 e Xbox One, mentres que a versión para PC terá un pequeno adiamento, de xeito que para gozar deste novo xogo en ordenadores persoais haberá que agardar até o 19 de novembro, conseguindo así un título máis estable e optimizado dende o primeiro día do xogo á venda, o que parece unha decisión dirixida a fuxir de problemas como os que tivo Assassin’s Creed Unity ou incluso da desastrosa situación de Batman: Arkham Knight (xogo que aínda non foi arranxado na súa versión para PC).
Dende Ubisoft Kiev esperan que as catro semanas adicionais lles dean tempo dabondo para poder optimizar e estabilizar o xogo na súa versión para PC, para que corra ben dende o comezo e que non teña que someterse a numerosas actualizacións antes de poder considerase un xogo digno que os equipos co hardware recomendado debería correr sen problemas a 1.080p e 30 fotogramas por segundo (carecendo o xogo de limitacións de taxa de frames e resolución, polo que os usuarios con equipos de grande potencia poderán gozar do título en todo o seu esplendor).

Demostración do xogo en acción

PUBLICIDADE