A vindeira actualización da PS4 permitirá suspender as nosas partidas

xoves, 12 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Sony está a ultimar a actualización 2.50 para a PlayStation 4 que leva por nome chave Yukimura, e que incluirá unha funcionalidade moi demandada polos usuarios que permitirá suspender/reanudar, ou sexa, saír e volver aos videoxogos de xeito rápido. Con suspender/reanudar os xogos estarán dispoñibles ao instante, tendo só que coller o mando DUALSHOCK 4, premer ao botón PS e volver a retomar a acción do xogo. Tamén pode deixarse a consola en modo repouso e, ao volver a acendela, continuarase o xogo onde se deixou.
Outras opcións que chegarán con esta actualización son á posibilidade de converter unha subconta nunha conta principal (ou sexa, que cando un mozo cumpra os 18 anos poida independizar a súa conta de usuario para eliminar as limitacións nos chats e poder xestionar os seus moedeiros e realizar compras), buscar amigos en Facebook, poder gozar do xogo a distancia (Share Play) a 60 fotogramas por segundo, contar con numerosas opcións de accesibilidade, recibir melloras nos trofeos e poder compartir vídeos a través de Dailymotion. Un bo conxunto de novidades que agradecerán os usuarios da PS4, que ven así como se atenden as súas demandas.

PUBLICIDADE