A vindeira fin de semana celebrarase o primeiro torneo galego de Super Smash Bros. para 3DS

luns, 29 de setembro do 2014 Marcus Fernández

A vindeira fin de semana o Centro Ágora da Coruña vai ser o escenario dun novo evento de lecer alternativo para a mocidade, a segunda edición de Fun Factory Galicia, encontro no que van mesturarse actividades ao redor da banda deseñada e a animación xaponesas, a práctica de softcombat, partidas de xogos de mesa, rol e cartas e, como vén a ser habitual neste tipo de eventos, unha zona de videoxogos na que poder xogar libremente a distintos título e poder participar en diferentes torneos.
O sábado pola tarde celebraranse torneos de Tekken Tag 2, Mario Kart 8, Pokémon, Tekken e Blazblue Continuum Shift Extend; o domingo pola mañá poderase competir no clásico Bomberman; e pola tarde, aparte de torneos de Street Fighter IV Arcade Edition e Dragon Ball Tenkaichi 3, desenvolverase tamén un torneo de presentación do xogo Super Smash Bros. para Nintendo 3DS, que sae á venda o vindeiro venres.

Os videoxogos centrarán numerosas actividades durante a segunda edición da Fun Factory Galicia

PUBLICIDADE