ARCHOS anuncia o seu primeiro smartphone con procesador de 64 bits

xoves, 23 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O fabricante francés ARCHOS está a actualizar os seus smartphones con Android para que inclúan as últimas tecnoloxías de cara ao ano que vén, de aí que anuncien xa o lanzamento do novo ARCHOS 50 Diamond, un smartphone 4G que busca facerse un oco no mercado cunha boa potencia, unha pantalla IPS Full HD de 5 polgadas e un prezo de 199,99 euros.
Este novo terminal funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 64 bits e 8 núcleos a 1,7 GHz (o que permitiralle tirar proveito de conexións 4G de até 150 Mbps), 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 64 Gb), cámaras de 16 e 8 Mpíxeles, soporte para dúas tarxetas micro SIM, batería de 2.700 mAh que pode cargarse sen fíos, un grosor de só 8 milímetros e un peso de 142 gramos. Un smartphone realmente atractivo que chegará a primeiros de 2015 con Android 4.4.4.

PUBLICIDADE