ARCHOS anuncia un tablet con pantalla de 8 polgadas e 3G por só 179,99 euros
xoves, 16 de maio do 2013
ARCHOS continúa a colocar no mercado tablets a un prezo
bastante competitivo, e a última incorporación ao seu catálogo vai na mesma
liña, pois para o mes que vén vai vender por 179,99 euros o ARCHOS
80 xenon, que vén a ser un dispositivo con procesador Qualcomm Snapdragon de
catro núcleos a 1,2 GHz (con gráfica Adreno 203), Android 4.1, pantalla de 8
polgadas e conectividade tanto Wi-Fi como 3G, polo que resulta moi atractivo
para que busca un tablet para acceder á Rede en mobilidade. Deste xeito temos
unha boa opción para quen queira aproveitar as tarifas de banda larga móbil que
asolagan o mercado e que teñen prezos cada vez menores (ou ante a posibilidade
de compartir a tarifa de datos contratada con tarxetas SIM secundarias tal e
como ofrecen varios operadores por un prezo adicional moi reducido).
O ARCHOS 80 xenon goza dunha pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de
1.024 x 768 pÃxeles (polo que para moitos pode ser unha boa alternativa ao iPad
mini), ten 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas microSD de ata 64 Gb), cámara posterior de 2 MpÃxeles e webcam frontal,
GPS (para Google Maps e incluso acceso ao navegador GPS de Google), Bluetooth,
acceso a Google Play e un deseño relativamente compacto, cun grosor de 11,3
milÃmetros e un peso de 440 gramos.
- O novo tablet de ARCHOS chega con Android 4.1 e acceso a Google Play