ARCHOS prepara un novo tablet optimizado para xogar

martes, 24 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Os tablets con Android e controis físicos para facilitar o seu uso como dispositivos orientados aos videoxogos continúan a chegar ao mercado actualizando as súas prestacións, de xeito que cada vez pode soportar xogos máis potentes e emular a máis plataformas doutras xeracións, e un dos que prepara a súa chegada é o GamePad 2 de ARCHOS, que vén de filtrarse nunha páxina web de Hong Kong, na que desvélanse as características técnicas do dispositivo que prevese que chegará ao mercado en cousa dun mes a un prezo inferior aos 200 euros.
O ARCHOS GamePad 2 terá unha pantalla IPS de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 Gb de RAM, 8/16 Gb de almacenamento interno, controis físicos mapeables (2 mandos analóxicos, cruceta dixital e múltiples botóns de disparo), lector de tarxetas microSD de ata 64 Gb e os xogos Asphalt 8: Airborne e Modern Combat 4 precargados.

PUBLICIDADE