ARCHOS presenta 4 novos tablets con Android 4.1 e prezos moi competitivos

xoves, 10 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Co gallo do CES de Las Vegas o fabricante francés ARCHOS decidiu anunciar unha nova liña de tablets coñecida como Titanium, que ofrecerá 4 dispositivos con pantalla táctil IPS de alta definición, procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz e gráfica de catro núcleos capaz de decodificar vídeo a 1.080p, deseño de aluminio, sistema operativo Android 4.1 con acceso a Google Play e ás aplicacións Archos Media Center, que chegarán en varios tamaños: o ARCHOS 70 titanium terá unha pantalla de 7 polgadas e un prezo de 119 euros para chegar a un grande público; o ARCHOS 80 titanium quere competir co iPad mini cunha pantalla de 8 polgadas e un prezo de só 169 euros; o grande da familia será o ARCHOS 101 titanium que cunha pantalla de 10,1 polgadas venderase por 199 euros); e logo, como alta gama, o ARCHOS 97 titanium HD terá unha pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 píxeles, de xeito que competirá co iPad con pantalla Retina, pero á metade de prezo (249 euros).

PUBLICIDADE