ARCHOS venderá un tablet Android con pantalla Retina
venres, 21 de decembro do 2012
AÃnda sen
indicar o prezo nin a data de lanzamento, o fabricante francés ARCHOS
incorporou á súa páxina web dentro da Gama Elements o tablet
ARCHOS 97 Titanium HD, que destaca por contar cunha pantalla IPS de 9,7
polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 pÃxeles, ou sexa, equivalente á
pantalla Retina do iPad, o que resulta bastante rechamante nun tablet con
Android 4.1.
Entrando noutras caracterÃsticas temos que este tablet funciona cun procesador A9
de dobre núcleo a 1,6 GHz, gráfica de catro núcleos Mali 400, 1 Gb de RAM, 8 Gb
de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb,
cámaras de 5 e 2 MpÃxeles, altofalantes estéreo, un grosor de só 9 milÃmetros e
un peso de 640 gramos. EstarÃamos asà ante un tablet que, pese á súa pantalla,
corresponderÃa a unha gama media no que a potencia se refire, sendo suficiente
para a reprodución multimedia e o goce de xogos con gráficos 3D, sendo especialmente
recomendable para quen guste de ler moito no tablet, posto que a elevada
resolución da súa pantalla resulta especialmente agradable para a lectura de
texto.
- O ARCHOS 97 Titanium HD goza dunha pantalla comparable á do novo iPad