ASRock actualiza os seus miniordenadores con soporte 3D

martes, 6 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A conectividade do ASRock Vision 3D é bastante completa

Aínda que non gozan de moita popularidade, os ordenadores silenciosos de pequeno tamaño pensados para a reprodución multimedia seguen a evolucionar, e para estar á última temos agora os ASRock Vision 3D de segunda xeración, que incorporan unha gráfica nVIDIA GeForce GT540M con 1 Gb de memoria de vídeo, procesador Intel Core i7/5/3 da familia Sandy Bridge, 4 Gb de RAM (ampliable ata 16 Gb), 500 Gb de disco duro SATA a 7.200 rpm, combo Blu-ray/gravadora de DVD, Gigabit Ethernet, Wi-FiN, saída HDMI 1.4a e DVI-I (Dual-Link), 4 portos USB 3.0, 4 portos USB 2.0, 1 porto eSATA, tarxeta de son 7.1, mando a distancia e unhas dimensións de 20 x 20 x 7 centímetros. Pero o máis destacado deste pequeno ordenador é que é compatible coa tecnoloxía 3D Vision de nVIDIA, polo que conectándoo a un televisor 3D permitiría gozar de películas en Blu-ray 3D e videoxogos estereoscópicos, polo que convértese nunha opción moi interesante para os que queiran ter un completo reprodutor multimedia no seu salón (que tamén sirva para usos máis complexos).

Os equipos ASRock Vision 3D inclúen mando a distancia, facilitando o seu uso para a reprodución multimedia (incluso para contidos 3D)

PUBLICIDADE