Ábrese a inscrición á beta de MAG

martes, 15 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios da PlayStation 3 que queiran botar un ollo a un dos xogos multiusuario máis prometedores para a consola de Sony, MAG, poden inscribirse na súa versión de proba, de xeito que os 16.000 primeiros inscritos poderán xogar a esta versión de proba ata o 1 de outubro.
Curiosamente a beta de MAG tamén terá limitación horaria, só operando de 18:00 a 21:00 horas e de 1:00 a 4:00 horas de luns a venres, aínda que hai que lembrar que non é unha demo do xogo final, senón unha versión de proba na que queren comprobar as posibilidades de enfrontar a 256 xogadores nun mesmo campo de batalla, algo sen precedente nas consolas de videoxogos.

PUBLICIDADE