Ábrese a inscrición para varios torneos que se desenvolverán en ExpOtaku

mércores, 15 de abril do 2015 Marcus Fernández

A sexta edición de ExpOtaku celebrarase no recinto de EXPOCoruña entre os días 22 e 24 de maio, e este encontro sobre o manga, o anime, a cultura xaponesa e os videoxogos non vai limitar o lecer electrónico a unha zona de xogo libre, senón que tamén vai desenvolver unha serie de competicións entre as que destaca o New Reto 3DS, organizado en colaboración con Nintendo e Blogocio, e que consistirá nun total de 6 torneos de diferentes xogos que se celebrarán a razón de 2 por día e para os que xa está aberta a inscrición, cun límite de 64 participantes por cada un.
Na primeira xornada poderase competir nos xogos Monster Hunter 4 Ultimate e Super Smash Bros. Amiibo; o sábado serán Super Smash Bros. 3DS e Zelda Majora’s Mask os xogos nos que poderán baterse os participantes; e finalmente o último día do evento poderase medir as forzas en Pokémon ROZA VGC e Mario Kart 7.
Aparte da competición, dentro do New Reto 3DS tamén contarase cunha zona de exhibición onde poderanse probar algúns dos títulos máis interesantes para as consolas domésticas e portátiles de Nintendo.

En ExpOtaku tamén poderanse probar algúns dos últimos xogos para as consolas de Nintendo

PUBLICIDADE