Acer pon á venda nos EE.UU. un monitor ultra-panorámico optimizado para os videoxogos
mércores, 1 de xullo do 2015
Para conseguir unha sensación máis envolvente e inmersiva,
Acer pon á venda nos EE.UU. o seu novo monitor
XR341CK, que impresiona por ter un tamaño de 34 polgadas e unha resolución
de 3.440 x 1.440 pÃxeles, ou sexa, que serÃa unha pantalla ultra-panorámica
(21:9) que conta cunha leve curvatura para compensar o seu tamaño e conseguir
unha visualización máis confortable.
AÃnda que podemos pensar que este tipo de pantalla estarÃa pensada para a
visualización de pelÃculas, realmente está máis orientada aos videoxogos, para
o que integra
a tecnoloxÃa AMD FreeSync que permite que as tarxetas gráfica poidan
controlar a velocidade de refresco da pantalla, evitando certos defectos de
visualización presentes en moitos monitores.
Esta pantalla goza dun panel IPS que permite unha precisión de cor e un ángulo
e visión moi amplo, pode funcionar a taxas de refresco moi elevadas (na súa
resolución máxima pode operar a 75 Hz), integra 2 altofalantes de 7W con son
DTS, a súa velocidade de respostas é de só 4 milisegundos e está dotado cunha
boa conectividade: HDMI 2.0, DisplayPort, miniDisplayPort e concentrador USB
3.0.
AÃnda non sabemos cando vai chegar esta pantalla a España, pero polo momento
sábese o seu prezo de 1.099,99 dólares (988,44 euros), o que pode parecer un
tanto elevado, pero cómpre destacar que estamos a falar dunha pantalla de
grande rendemento.