Acer presenta un monitor multi-táctil de 23 polgadas
xoves, 29 de outubro do 2009
No presente mes
son varios os portátiles e equipos todo-en-un que apostaron por pantallas
táctiles co gallo do lanzamento de Windows 7, pero a xente que xa teña un
ordenador de sobremesa e que queira gozar destas posibilidades poderá optar por
adquirir o novo monitor Acer
TouchScreen T230H, que con 23 polgadas, unha resolución de 1.920 x 1.080
pÃxeles, unha relación de contraste de 80.000:1, un brillo de 300 cd/m2
e un tempo de resposta de 2 milisegundos, que conta con conexión analóxica (VGA)
e dixital (HDMI e DVI con HDCP) e USB (para as funcións táctiles).
Esta pantalla panorámica permitirá usar o ordenador sen axuda do rato, asà coma
facer xestos táctiles con máis dun dedo para rotar imaxes, pasar páxinas,
debuxar en pantalla e outras funcionalidades que grazas a Windows 7 son cada
dÃa máis doadas. Chegará
ao mercado europeo nos vindeiros dÃas por 349 euros.