Acer presenta un smartphone con batería de 5.000 mAh

venres, 22 de abril do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos tempos estamos comezando a ver smartphones que finalmente atenden a demanda dos consumidores ao achegar baterías de alta capacidade, aproveitando en boa medida o grande tamaño das súas pantallas para poder integrar grandes baterías sen impactar negativamente no seu grosor, e nesta liña chega o Acer Liquid Zest Plus, smartphone que vén de presentarse en New York, e que presume dunha batería de 5.000 mAh, polo que debería ter unha autonomía impresionante se tempos en conta que smartphones como o Samsung Galaxy S7 edge ten unha batería de 3.600 mAh e o LG G5 confórmase con só 2.800 mAh.
O novo smartphone de Acer chegará cunha pantalla de 5,5 polgadas e unha cámara traseira tri-focus de 13 Mpíxeles (ou sexa, que combinaría 3 sistemas de enfoque automático: detección de contacto, detección de fase e láser) e tería un prezo inferior aos 250 dólares.

PUBLICIDADE