Acer presenta un tablet híbrido con Windows 7

mércores, 16 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

O Mobile World Congress de Barcelona foi o escenario elixido para a presentación do Acer ICONIA Tab W500, un novo produto que presume de combinar o mellor dos PC e o mellor dos tablets, xa que estamos ante un tablet híbrido ao que pode engadirse unha base con teclado, porto Ethernet e un porto USB. Este equipo funciona cun procesador AMD C-50, ten 2 Gb de RAM, gráfica AMD Radeon HD6250, 32 Gb de almacenamento interno, pantalla táctil LED de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, Wi-Fi, 3G, Bluetooth 3.0, dobre webcam de 1,3 Mpíxeles e o sistema operativo Windows 7.
Aínda non se coñece a súa data de lanzamento, pero si adiantaron os seus prezos, que serán de: 499 euros con Wi-Fi e sen teclado, 599 euros con 3G e sen teclado ou con Wi-Fi e con teclado, e a 649 euros con 3G e teclado.

O Acer ICONIA Tab W500 pode funcionar coma un tablet ordinario ao utilizalo sen teclado

PUBLICIDADE