Acer presenta un ultraportátil con arranque dual Windows/Android

xoves, 27 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Acer acaba de presentar en España un novo ordenador ultraportátil destinado a estudantes, o Aspire One E100, que chega en cor azul e coa opción de adquirilo cunha estrutura de goma para protexelo do deterioro no seu uso diario, aínda que resulta máis destacable o feito de que conte cun arranque dual de xeito que podemos iniciar o equipo tanto con Windows 7 coma con Android.
O Acer Aspire One E100 ten unha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador Intel Atom, 1 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, Wi-Fi, Bluetooth, webcam, varios portos USB 2.0, lector de tarxetas de memoria e unha batería de 5 celas que dotará ao equipo dunha autonomía de ata 8 horas. O seu prezo será de 349 euros, aínda que non detallan a súa data de chegada ás tendas.

PUBLICIDADE