Acer presentará en Barcelona a súa proposta de smartphone de gama media
xoves, 20 de febreiro do 2014
Acer parece querer facer fronte a Motorola, e anuncia que vai
levar ao Mobile World Congress de Barcelona o seu novo
smartphone Liquid E3, un smartphone con pantalla IPS de 4,7 polgadas,
procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento
interno, cámaras de 13 e 2 MpÃxeles, 135 gramos de peso e Android 4.2.2 (actualizable
a Android 4.4 ao longo do ano), que chegará ao mercado a un prezo de 199 euros,
polo que serÃa un competidor directo do Moto G a partir do mes de abril.
Acer personaliza os seus móbiles coa capa gráfica LIQUID UI, que vén de
renovarse, ofrecendo unha aparencia atractiva, facilitando funcionalidades como
o enmudecido de notificacións. Tamén integra AcerCloud, un servizo para xestionar
e compartir ficheiros multimedia, que tamén integra un sistema de copia de
seguridade automática para conservar de xeito seguro as fotografÃas que se
tomen dende o móbil.