Acer tamén terá un tablet de 7 polgadas con Android 4.1

martes, 14 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Parece que o Nexus 7 de Google non vai quedar só como tablet con Android 4.1 e pantalla de 7 polgadas, senón que outros fabricantes aparte de Asus tamén queren loitar por ese formato de dispositivos se atendemos á tenda en liña Ebuyer, que permite reservar por 179,99 libras esterlinas (228,58 euros) o tablet Acer Iconia A110, que funciona cun procesador de catro núcleos nVIDIA Tegra 3, 1 Gb de memoria RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, cámara para videoconferencia, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, micro HDMI, unha batería de 12,65 W (3.420 mAh) e, como xa comentamos, Android 4.1.
Aínda non se coñece a data na que chegará este novo trebello ás tendas (suponse que en setembro), pero cómpre destacar que non chega a superar ao Nexus 7, principalmente por ter unha pantalla cunha resolución inferior, unha batería de menor capacidade e carecer de GPS e NFC.

PUBLICIDADE