Achega prestacións dun Tablet PC ó teu equipo grazas o Wacom Bamboo

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

Wacom estrea unha nova tableta gráfica, a Bamboo, que permite achegar ós non profesionais este sistema de empregar o ordenador tanto para aplicacións gráficas como para escribir a man e navegar por aplicacións informáticas mediante un lapis.
O Wacom Bamboo funciona tanto en equipos con Mac OS X coma con Windows Vista, non ten cables, non precisa de pilas, e o seu uso é moi doado. A súa área activa é de 92,3 x 147,6 mm e, aparte de recoñecer a escritura, tamén incorpora unhas ExpressKeys programables, para crear atallos ás funcións máis utilizadas.
Incluso ten un prezo axustado, posto que se vende a pouco máis de 100 euros.

PUBLICIDADE