Adaptador para conectar un monitor a través dun porto USB

xoves, 31 de maio do 2007 Marcus Fernández

As tarxetas de vídeo dos ordenadores inclúen un porto de conexión para un monitor VGA e, en moitas ocasións, un segundo conector para poder empregar dous monitores simultáneos, pero os equipos que non conten cun porto D-Sub adicional (ou que non teñan ningún, como acontece con algún portátil) teñen agora unha nova solución á súa media: o adaptador USB-RGB de I-O Data.
Esta adaptador permite empregar un porto USB libre para conectar un monitor VGA adicional, soportando resolucións WXGA+ e SXGA+ ou sexa, que permite empregar resolucións de pantalla de ata 1.440 x 900 píxeles, o que parece imposible ata hai pouco tempo, pois o largo de banda preciso para transmitir vídeo é moi elevado.
O adaptador USB-RGB xa está á venda no Xapón a 10.600 iens (64,82 euros) e agárdase que pronto chegue ó resto do mundo, e que sexa un dos moitos adaptadores deste tipo que cheguen nos vindeiros meses (nos que incluso poderían aparecer alternativas sen fíos).

PUBLICIDADE