Adaptan o último Syphon Filter de PSP á PS2

luns, 3 de maio do 2010 Marcus Fernández

En 2007 chegaba á PSP o xogo Syphon Filter: Logan’s Shadow, pasando a ser considerado coma un dos 25 mellores xogos da historia para a portátil de Sony, e un dos mellores xogos do seu ano para tal plataforma, e finalmente este título vai rexurdir, pero non coma xogo descargable para PS3, senón coma un xogo de PlayStation 2, deixando constancia que a anterior xeración de consolas de videoxogos aínda está moi viva e, de feito, ten un parque de consolas moi importante. O xogo chegará ás tendas norteamericanas o vindeiro 1 de xuño (descoñecéndose a data de lanzamento europea).
Este lanzamento non chegará so, senón que no verán tamén incorporarase á PlayStation Store unha novela gráfica baseada no xogo, pero o máis interesante deste anuncio é que outros xogos de PSP poderían rexurdir na PS2 como un xeito de enriquecer o catálogo dunha consola de videoxogos que moitos dan por morta.

PUBLICIDADE