Adiantan cómo será X-Men Origins: Wolverine

mércores, 14 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Raven Software está a desenvolver o videoxogo da película X-Men Origins: Wolverine, que será distribuída por Activision, e do que polo momento só viramos unha imaxe conceptual, polo que veñen de publicar unha serie de imaxes do xogo que chegará en maio (coincidindo coa película) para as consolas PS2, PS3, PSP, Nintendo DS, Wii, Xbox 360 e mesmo para PC, e aínda que non podemos agardar un xogo revolucionario (como pasa con todas as conversións do cine ao videoxogo) as imaxes que podemos ver nos presentan uns gráficos bastante atractivos, nos que a violencia parece ser o eixe central.
O xogo permitiranos controlar a Lobezno a través do arco argumental da película, descubrindo perigos ocultos, perseguindo e destruíndo inimigos e descubrindo parte do tráxico pasado do protagonista, quen utilizará as súas afiadas garras de adamantium para en rápidos combates, nos que se poderán utilizar combos e múltiples golpes finais.

PUBLICIDADE