Adiantan moitas das prestacións do LG Viewty 2

luns, 9 de marzo do 2009 Marcus Fernández

LG podería pegar forte durante este ano na telefonía móbil co seu LG Viewty 2 (GC900), que promete ser un grande éxito atendendo ás súas impresionantes prestacións, que o farán un dispositivo moi válido para distintos usos. Este novo terminal terá unha pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles con lente Schneider-Kreuznach, enfoque automático, estabilizador de imaxe, flash de xenon e gravación de vídeo; fará uso da interface S-Class 3D, contará con conectividade HSDPA e Wi-Fi, receptor GPS, 32 Gb de memoria interna e reprodución multimedia de vídeos en MPEG4, WMV, AVI, DivX, XviD e H.264. Sen dúbida, un terminal moi completo que dará que falar.

O terminal integra unha cámara de 8 Mpíxeles

PUBLICIDADE