Ágatha Ruiz de la Prada decora novos trebellos electrónicos

mércores, 19 de setembro do 2007 Marcus Fernández

A deseñadora Ágatha Ruiz de la Prada dálle unha nota de cor á electrónica de consumo e estrea unha serie de dispositivos de Ingo Devices que destacan por presentar orixinais deseños nas súas carcasas.
Ingo Devices incorpora así ó seu catálogo de 2007 (descargable en formato PDF) un reprodutor de MP4 con pantalla de 1,8 polgadas e ata 2 Gb de capacidade, un reprodutor de DVD portátil (con pantalla de 7 polgadas incorporada) e un marco de fotografías de 7 polgadas con lector multitarxeta e mando a distancia. Cada un dos dispositivos se poderá mercar en 3 deseños diferentes da artista.

PUBLICIDADE