Aínda é posible actualizar Windows 7 a Windows 10 de balde

luns, 2 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Windows 10 chegou aos nosos equipos en 2015, e para fomentar a súa adopción dende Microsoft ofreceron actualizacións de balde dende copias legais de Windows 7 e Windows 8.1 a Windows 10, promoción que teoricamente tería rematado o 29 de xullo de 2016 (con algunhas excepcións vixentes até o 31 de decembro de 2017), pero que un suposto traballador de Microsoft desvela que as datas mencionadas só tiñan como intención animar a unha rápida actualización, e actualmente as actualizacións de balde seguirían vixentes.
Aseguran que a Microsoft non lle importa que os usuarios con Windows 7 ou Windows 8.1 non teñan que pagar para actualizar a Windows 10, senón que a preocupación da compañía é mellorar a cota de adopción do seu sistema operativo actual, xa que a elevada presenza de Windows 7 no parque informático é todo un problema de seguridade a escala global.
Cómpre advertir que para gozar da actualización de balde o que debemos facer é utilizar o asistente de actualización de Windows, ou sexa, que hai que facer unha actualización normal e non unha instalación dende cero.

PUBLICIDADE