Airis estrea o seu propio lector de e-books

mércores, 25 de novembro do 2009 Marcus Fernández

De cara ao Nadal chega un novo lector de libros electrónicos, o Airis Dbook EB001, que é un dispositivo con pantalla de 6 polgadas, 512 Mb de memoria interna ampliable mediante tarxetas SD, unha autonomía que permite ler ata 8.000 páxinas, toma de auriculares, un peso de 175 gramos e un prezo de 250 euros, polo que cada vez é máis amplo o catálogo de trebellos deste tipo á venda en España, pese a que a publicación de libros adaptados para os mesmos continúa a ser demasiado tímida.

PUBLICIDADE