Alan Wake chegará ás tendas o 21 de maio

venres, 12 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Dende o lanzamento da Xbox 360 vénse a falar dun grande título que están a desenvolver para a plataforma de xogos de Microsoft, AlanWake, que finalmente non entrará dentro da categoría do vaporware do ano, e converterase nunha realidade este mesmo ano, máis concretamente o 21 de maio, día no que chegará ás tendas españolas este xogo tanto na súa edición ordinaria coma nunha luxosa edición de coleccionista que incluirá o xogo cunha caixa cun deseño único, comentarios de audio dos desenvolvedores durante o xogo, un libro de 144 páxinas titulado The Alan Wake Files que inclúe unha historia escrita polo personaxe protagonista e que contén arquivos da súa investigación, un disco coa banda sonora, contidos descargables, temas de escritorio e elementos para o noso avatar de Xbox 360.
O prezo nos EE.UU. desta edición de luxo será de 79,82 dólares, mentres que o prezo europeo aínda non foi desvelado. Amais, este xogo estreou esta semana un atractivo trailer:

PUBLICIDADE