Alien: Isolation de balde na Epic Games Store

luns, 21 de decembro do 2020 Marcus Fernández

A Epic Games Store quere converterse nun digno rival de Steam, e para fomentar o seu uso non só ten algunhas exclusivas e un grande xogo como Fortnite, senón que tamén agasalla de cando en vez xogos como FEZ, Rayman Legends, as entregas clásicas de Samurai Shodown ou varios xogos de Batman, e agora, en plenas ofertas de Nadal con descontos de até o 75%, teñen como reclamo para achegar a novos usuarios o xogo Alien: Isolation como agasallo.
Lembremos que Alien: Isolation é un xogo de horror e supervivencia que ambientado na franquía cinematográfica de Alien, no que encarnaremos a Amanda Ripley, filla da célebre Ellen Ripley, quen explorará a estación espacial de Sevastopol para resolver o misterio da desaparición da súa nai, atopando algo terrorífico, e tendo que sobrevivir na estación labiríntica sen equipo nin preparación, de xeito que a súa destreza e valentía serán as súas principais armas para saír con vida, conseguindo así transmitir as sensacións propias da primeira película de Alien, na que o xenomorfo víase como unha criatura coa que non era posible enfrontarse directamente dada a súa letalidade.

PUBLICIDADE