Alien: Isolation premiará as reservas con DLC moi especiais
mércores, 9 de xullo do 2014
Despois de numerosos videoxogos inspirados na franquÃa
cinematográfica de Aliens nos que
impera a acción resulta refrescante ver como SEGA aposta este ano por unha
proposta de survival horror con Alien: Isolation, un xogo no que haberá
que loitar pola supervivencia, resultando totalmente fútil o enfrontamento
directo cun dos perigosos xenomorfos, e que para continuar a capturar o
espÃrito do filme orixinal de Alien, o
oitavo pasaxeiro, ofrecerá un contido descargable moi especial para os
xogadores que reserven o xogo e que consistirá na posibilidade de introducir
en Alien: Isolation aos personaxes da
pelÃcula de Ridley Scott.
Deste xeito, que pida o xogo de xeito anticipado, poderá gozar de 2 misións
adicionais descargables que revivirán un par de clásicas escenas da pelÃcula de
culto contando coa presenza de Ellen Ripley (Sigourney Weaver), Dallas (Tom
Skerritt), Lambert (Veronica Cartwright), Brett (Harry Dean Stanton), Parker
(Yaphet Kotto) e Ash (Ian Holm). Un excelente xeito de celebrar os 35 anos
desta obra mestra do cine, permitÃndonos explorar dun xeito moi especial a nave
Nostromo cos mesmos personaxes que o fixeran no seu dÃa na grande pantalla.
A misión Crew Expendable estará
dispoñible para os que reserven a Nostromo
Edition do xogo, e permitiranos elixir a Ripley, Dallas ou Parker para
percorrer a nave; mentres que Last
Survivor chegará aos usuarios que reserven o xogo nalgúns establecementos
especializados, e que colocaranos na pel de Ripley fuxindo da Narcissus mentres
Lambert e Parker deben retornar á Nostromo para activar a auto-destrución.
- Os personaxes de Alien estarán presentes en misións descargables de Alien: Isolation
- En Alien: Isolation podemos recuperar a Ripley na súa loita pola supervivencia
Trailer exclusivo de IGN no que anuncian o retorno do reparto de Alien