Aliens vs Predator sairá en febreiro de 2010
mércores, 5 de agosto do 2009
O cruce entre as
sagas cinematográficas de Alien e Predator é algo moi habitual tanto no
mundo dos comics coma no dos videoxogos (pese a que en cine non funcionase moi
ben tal mestura) e Rebellion, a compañÃa que fixo en 1999 o xogo Aliens vs Predator para PC retomou a
franquÃa, e está a rematar un novo videoxogo co mesmo tÃtulo, que desta volta chegará para PC, PlayStation
3 e Xbox 360 en febreiro de 2010 segundo veñen de confirmar na páxina web oficial do xogo.
Aliens vs Predator será un xogo de
acción en primeira persoa que permitirá encargar a un Predator, a un Alien ou a
un soldado humano en 3 campañas para un xogador e tamén en 3 orixinais modos
multiusuario nos que veremos o enfrontamento entre os 3 bandos.