Amazon vende un completo adaptador para empregar auriculares normais nos iPhone
venres, 6 de outubro do 2017
A supresión
da toma de auriculares dos iPhone 7 e 7 Plus foi todo un problema para
moitos que continuaban a preferir a conexión por cable que mediante tecnoloxÃas
sen fÃos, e aÃnda que o móbil incluÃse un conector para poder adaptar
auriculares estándar, empregar o porto Lightning para escoitar música provocaba
un problema: impedÃa a carga ao mesmo tempo.
Para solucionar este problema apareceron solucións como uns
auriculares Lightning que integraban unha entrada Lightning no seu cable
(para recibir carga mentres se escoita música), pero que teñen un prezo moi
elevado; e a propia Apple chegou a vender nas súas tendas o adaptador
de audio + carga Rockstar de 3,5 mm de Belkin, que permite cargar o iPhone
mentres se escoita música con auriculares estándar e ten un prezo de 34,95
euros, pero que verase agora seriamente ameazado, xa que Amazon
vén de incorporar ao seu catálogo un adaptador semellante de marca propia que
ten un prezo inferior (29,99 euros) e incluso integra botóns para axustar o
volume, xestionar a reprodución musical e responder ou finalizar chamadas, de
xeito que serÃa un produto máis completo e coa garantÃa tanto de estar
certificado por Apple como de estar amparado pola marca AmazonBasics.