AmbyGear, un smartwatch infantil un tanto diferente

xoves, 5 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Parece que os smartwatches para cativos son un produto demandado, principalmente para que os pais poidan saber onde están os seus cativos e pórse en contacto con eles en calquera momento, pero algunhas compañías pensan que introducir un teléfono móbil con GPS nun dispositivo de pulso pode ter máis vantaxes, e así queren facer realidade a través dunha campaña de micromecenado o AmbyGear, un smartwatch infantil que quere manter aos cativos en contacto e fisicamente activos, que entregaríase aos mecenas que acheguen 99 dólares (de completarse con éxito a súa campaña en Indiegogo) a partires do mes de xuño.
Este concepto de smartwatch sería resistente á auga e aos golpes, tería unha autonomía de até 7 días, integraría GPS e optaría polo uso de mensaxes de texto en ambas direccións como solución de comunicacións, mentres que as súas funcións avanzadas corresponderían á creación de alertas e xeobalizas (para saber se os pequenos se manteñen nin perímetro delimitado) e a contar con xogos educativos (como xogos matemáticos en pantalla ou divertidas buscas de tesouros mediante geocatching).
Este curioso accesorio está baseado nunha pantalla monocromo de baixo consumo, conta con acelerómetro, magnetómetro e GPS, conta con conectividade Bluetooth 4.1 e Wi-Fi N e cargaríase mediante indución, podendo xestionarse a través unha aplicacións para iOS ou Android que permitirá aos proxenitores personalizar o uso do dispositivo. Curiosamente prescinde de conectividade móbil, xa que está pensado para que o usen os pequenos na proximidade do teléfono dos seus pais ou en lugares con Wi-Fi.

O smartwatch permite gozar do xeocatching para xogar á busca de tesouros
O AmbyGear inclúe un calendario para alertar ao cativo das súas ocupacións


Vídeo de presentación do AmbyGear

PUBLICIDADE