American McGee’s Alice terá secuela

venres, 20 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Electronic Arts e Spicy Horse anunciaron que chegaron a un acordo para resucitar o videoxogo American McGee’s Alice que lanzara EA en 2000 con grande éxito, e que chegará na súa nova entrega a PC, PlayStation 3 e Xbox 360.
American McGee, director creativo de Spicy Horse, asegurou que «este novo proxecto é un soño feito realidade para min e os afeccionados que queren manter a chama de Alice viva» engadindo que «esta viaxe a través do espello promete ser aínda máis excitante».
É de agardar así que o retorno desta interpretación escura e violenta da Alicia de Lewis Carroll repita a súa boa acollida, pois non hai que esquecer que hai rumores que apuntan a que o xogo orixinal do que parece que vai de camiño a converterse nunha franquía de peso contaría cunha adaptación cinematográfica.

PUBLICIDADE