Among Us chegará a PlayStation este ano

venres, 30 de abril do 2021 Marcus Fernández

Durante o último ano houbo varios xogos que convertéronse en todo un fenómeno social, como Fall Guys e, moi especialmente, Among Us, título que sorprendera por non ser un novo lanzamento, senón un xogo que conseguiu pórse de moda grazas a influencers que fixeron que o grande público o coñecese, e aínda que estea principalmente ligado a ordenadores persoais e a dispositivos móbiles finalmente vai chegar a consolas de videoxogos domésticas, pois veñen de confirmar que este mesmo ano terá versións para PlayStation 4 e PlayStation 5.
O xogo social de traizóns nunha nave espacial na que entre 4 e 10 xogadores teñen que realizar sabotaxes ou descubrir quen son os impostores que as fan conseguiu callar na sociedade, de xeito que podemos velo como o herdeiro natural do xogo de naipes do asasino, baseando boa parte da diversión no que fan os propios usuarios e non nas mecánicas propias do xogo, e ao chegar a consolas PlayStation amplíase considerablemente a base de xogadores e, en consecuencia, as posibilidades de divertir.

PUBLICIDADE