Amosan o que será o Willcom D4 de Sharp

luns, 19 de maio do 2008 Marcus Fernández

O Willcom D4 funciona satisfactoriamente con Windows Vista

O Willcom D4 de Sharp será un dos primeiros MID en chegar ao mercado con procesadoress Intel Atom, que sorprende por incorporar o sistema operativo Windows Vista, de xeito que sería o dispositivo de menor tamaño en incorporar o último sistema operativo de Microsoft.
Dende Akihabara News amosan cómo será finalmente este dispositivo pensado para a navegación móbil, que conta cun procesador Intel Centrino Atom Z520 a 1,33 GHz, un disco duro de 40 Gb, 1 Gb de RAM e unha pantalla táctil de 5 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxels. Mide 84 x 188 x 25,9 milímetros e pesa 470 gramos, polo que case parece unha nova PSP de Sony.
Podemos ver así que o Willcom D4 é un equipo de grande mobilidade e versatilidade, cunha pantalla de grande resolución que incluso se ve satisfactoriamente en exteriores. No tocante ao rendemento, parece que o procesador Atom é capaz de mover Vista satisfactoriamente.
Para redondear o produto, este MID inclúe OneSeg TV (sintonizador de televisión móbil nipón), Wi-Fi, Bluetooth, teclado QWERTY, cámara de 2 Mpíxeles, miniUSB, microSD e mesmo unha fenda para tarxetas W-SIM (o que podería supor que no futuro incorporase conectividade 3G).
Cómpre destacar que o Willcom D4 analizado é un prototipo, pois o produto final non chegará ao mercado ata xuño a 128.600 iens (uns 805 euros).


Vídeo amosando as características dun prototipo do Willcom D4

PUBLICIDADE