Andrés Iniesta será a imaxe de FIFA 11

venres, 30 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Aproveitando o pulo mundialista, EA Sports anunciou que o 1 de outubro o xogo FIFA 11 chegará en versións para PlayStation 3, Xbox 360, PC, PSP, Nintendo DS e Wii co centrocampista manchego Andrés Iniesta, moi recoñecido este ano coma o autor do gol que decidiu o partido da final do Mundial de Fútbol de Sudáfrica, na portada do xogo; aínda que non se sabe se o xogador do F.C. Barcelona aparecerá en solitario na imaxe, pois nos últimos anos o habitual nesta saga é equilibrar a imaxe que representa cada xogo para non crear rexeitamento por parte dalgúns seareiros dos equipos máis populares, ou sexa, que normalmente Real Madrid e F.C. Barcelona comparte portada.
Iniesta declarou que para el «é unha honra e estou moi agradecido por poder representar a nova entrega de FIFA 11 en España» destacando que «por esta carátula pasaron algúns dos meus compañeiros e referentes, coma Guardiola, Xavi ou moitos outros».

PUBLICIDADE