Angry Birds Space estrea versión para Windows Phone 8
mércores, 7 de novembro do 2012
- Angry Birds Space correndo nun HTC Windows Phone 8X
A franquÃa de Angry
Birds vai medrar mañá co lanzamento de Angry
Birds: Star Wars, tÃtulo que está anunciado para multitude de plataformas,
pois se por algo se caracterizan os paxaros anoxados de Rovio e pola súa
omnipresencia, pero aÃnda hai un sistema operativo móbil na que a súa
penetración era moi pequena, o que están en vÃas de solucionar. AsÃ, aÃnda que o
Angry Birds orixinal pode descargarse
dende hai tempo para Windows Phone 7.x, o resto de entregas parecÃan
ausentes dos móbiles de Microsoft ata onte, cando estreouse Angry
Birds Space para Windows Phone 8, xogo que pode adquirirse por 0,99
euros, e que parece un anticipo do que da aposta dos creadores de xogos por
esta nova plataforma móbil.
De feito, para Windows Phone 7.5 ou superior Nokia xa ten a aplicación
Angry Birds Roost, que é
exclusiva para os móbiles Nokia Lumia, e que permite estar ao dÃa das novas
sobre a franquÃa de Rovio, o que indicarÃa certo compromiso de Rovio con
Windows Phone, que é de agardar que se traduza no lanzamento dos vindeiros
xogos da compañÃa para estes móbiles que pretenden acadar certo pulo de cara á
campaña de Nadal grazas ao lanzamento conxunto de Windows 8 e Windows Phone 8.
Trailer de Angry Birds: Star Wars, xogo que mañá comezará o seu lanzamento multi-plataforma