Angry Birds Space rende homenaxe ao Curiosity

xoves, 23 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O xogo Angry Birds Space actualízase hoxe como unha especial homenaxe á última misión marciana da NASA, que se materializou coa aterraxe no Planeta Vermello o pasado 5 de agosto do Curiosity, momento que na ficción aproveitaron os porcos vermellos para roubar o Rover para empregalo para buscar ovos, anoxando así aos paxaros protagonistas, que durante 20 novos niveis deberán continuar coa súa misión destrutiva contando desta volta co fume de volcáns e asteroides explosivos como novos elementos interactivos. O título tamén inclúe 3 niveis ocultos dedicados ao Viking Lander, o Sojourner e o Opportunity, os precursores do Curiosity.
A última actualización de Angry Birds Space está xa dispoñible para iPod Touch, iPhone, iPad e Android, mentres que para o resto de plataformas chegará paulatinamente nos vindeiros días.

Os novos niveis de Angry Birds Space teñen algúns elementos interactivos novos
Cómic que narra a historia desta actualización de Angry Birds Space


Vídeo promocional da última actualización do xogo espacial dos paxaros anoxados de Rovio

PUBLICIDADE