Angry Birds: Star Wars estréase en Facebook
luns, 17 de decembro do 2012
O paxaros anoxados de Rovio, avanzando na súa estratexia
para converterse nun dos principais referentes de lecer electrónico, veñen de
estrear unha versión do seu último xogo, Angry Birds: Star Wars, en Facebook, de xeito que pode
gozarse deste tÃtulo de balde e facendo uso de elementos sociais como compartir
as nosas puntuacións cos nosos amigos e retalos para competir no xogo.
Angry Birds: Star Wars conta
inicialmente con 40 niveis do planeta Tatooine (que no futuro ampliaranse con
novas fases ambientadas na Estrela da Morte) e coa posibilidade de participar
en torneos semanais nos que en cada ciclo permitirá gozar de 5 novos niveis que
superar e nos que competir por conseguir unha mellor puntuación que os nosos
amigos.
AÃnda que o xogo é completamente de balde, ofrece a posibilidade de mercar
crédito para poder facerse con potenciadores que faciliten a superación dos
seus distintos niveis, de xeito que responderÃa á emerxente fórmula do free-to-play.
Trailer da versión para Facebook de Angry Birds: Star Wars