Angry Birds: Star Wars recibe a súa primeira actualización de balde
xoves, 29 de novembro do 2012
O xogo Angry Birds: Star Wars recibe unha
actualización
de balde que engade o planeta Hoth a este grande tÃtulo de Rovio ou, o que
é o mesmo, 20 novos niveis nos que controlar a paxaros caracterizados dos
protagonistas da saga cinematográfica de George Lucas para derrotar aos
malvados porcos verdes que representan ao Imperio. IncluÃndo este tipo de
actualizacións o que conseguen é que os usuarios que xa mercasen este tÃtulo
poidan gozar do mesmo durante máis tempo, á vez que se atrae a novos compradores,
que ven como garantÃa da súa compra que o xogo manterase vivo durante meses.
Coa chegada de Hoth a Angry Birds: Star
Wars podemos entender que o videoxogo está a comezar a historia que
podiamos ver na pelÃcula O Imperio
Contraataca, polo que dáse a entender que contaremos con todos os momentos
máis significativos da triloxÃa orixinal da saga galáctica, detalle que
garantirá a fidelidade dos seareiros da franquÃa.
Trailer da primeira actualización de Angry Birds: Star Wars
VÃdeo con imaxes dos novos niveis para Angry Birds: Star Wars