Angry Birds chega a Windows e ás videoconsolas de Sony

mércores, 5 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O xogo Angry Birds é todo un fenómeno nos terminais de Apple (tanto no iPhone/iPod Touch coma no iPad), considerándose coma o xogo de máis éxito nesta plataforma, que nos últimos meses tamén deu o salto a Android (onde preséntase coma un título de balde con publicidade) e agora sorpréndenos incorporándose ao catálogo de Intel AppUp, a tenda de aplicacións que Intel lanzou pensando nos ultraportátiles, de xeito que o popular xogo de Rovio xa pode xogarse en ordenadores con Windows XP e Windows 7. O seu prezo oficial é de 9,99 dólares, aínda que temporalmente pode adquirirse por só 4,99 dólares.
Pero esta non é a única plataforma á que chegan os paxaros anoxados, senón que esta mesma semana tamén desembarca na PlayStation Network, o que facilitará a súa compra mediante descarga para a PlayStation 3 e a PSP.

PUBLICIDADE