Angry Birds estréase en Facebook con 120 niveis de balde
luns, 13 de febreiro do 2012
Tras a súa adaptación ao navegador web Chrome e a Google+, o xogo Angry Birds de Rovio, estréase en Facebook como unha aplicación
que aproveita os elementos sociais da plataforma creada por Mark Zuckerberg
para animar aos xogadores a competir por ver quen acada as mellores puntuacións
nos distintos niveis que ofrece de balde este tÃtulo que chega un dÃa antes do
esperado. Esta nova entrega do incombustible Angry Birds pode xogarse a pantalla completa, conta cunha tenda de axudas para superar os niveis máis
complicados (que incluso pódense remitir como agasallo aos amigos) e parte cun
repertorio de nivel realmente amplo: 63 niveis Poached Eggs, 42 niveis Mighty
Hoax e 15 niveis Surf and Turf,
estes últimos exclusivos de Facebook.
O lanzamento de Angry Birds para
Facebook estaba
programado para este martes, DÃa de San ValentÃn, entre as 18:00 e as 21:00
horas, o que coincidirÃa
con actividades no mundo real en cidades como Jakarta, Bangkok e Mumbai.
- Esta versión de Angry Birds tamén funciona a pantalla completa para unha mellor experiencia de xogo