Anker presenta novos cargadores GaN

martes, 26 de xullo do 2022 Marcus Fernández

O fabricante Anker presentou estes días unha nova serie de cargadores de nitruro de galio, GaNPrime, que conseguen subministrar até 150 watts mantendo un tamaño bastante compacto.
Os cargadores de parede Anker 735, 737 e 747 contan con portos USB-A e USB-C e poden subministrar até 65, 120 e 150 watts respectivamente (o que permite cargar varios dispositivos e incluso equipos informáticos a un tempo), resultando igual de impresionantes as baterías externas da mesma serie, como a Anker 727, que achega até 100 watts a través de 2 portos USB-C, 2 portos USB-A e 2 tomas de corrente para conectar o dispositivo que queiramos; mentres que a batería Anker 737 pode entregar até 140 watts a través de 2 portos USB-C e un porto USB-A, adoptando un formato bastante compacto e podendo almacenar até 24.000 mAh de carga.
Falamos duns dispositivos que resultan extraordinariamente prácticos, e que este verán poderemos adquirir a través de Amazon.

A batería externa Anker 727 incluso conta con tomas de corrente para conectar dispositivos electrónicos

PUBLICIDADE